Hater (literalmente en inglés 'o que odia', 'o que aborrece') é un termo pexorativo empregado para describir unha persoa ou un grupo de persoas que expresan o seu odio en público. Os haters son individuos que se adican a difamar, criticar negativamente ou desprezar outras persoas, obras, actitudes ou conceptos alleos.[1]
Os haters distínguense dos troles no feito de que estes últimos buscan, coma fin último, chamar a atención dos usuarios de Internet mediante comentarios provocativos e malfalados.[2]