Hawker Siddeley Nimrod | |
---|---|
Tipo | patrulla marítima, ELINT, AEW |
Fabricante | Hawker Siddeley BAE Systems |
Primeiro voo | 23 de maio de 1967 |
Introducido | 2 de outubro de 1969 |
Retirado | 28 de xuño de 2011 |
Principais usuarios | Royal Air Force |
Unidades construídas | 51 |
Variantes | Nimrod R.1 Nimrod AEW.3 Nimrod MRA.4 |
O Hawker Siddeley Nimrod foi un avión de patrulla marítima desenvolvido e operado polo Reino Unido. Era unha ampla modificación do de Havilland Comet, o primeiro reactor de pasaxeiros operativo do mundo. Foi deseñado orixinalmente pola sucesora de de Havilland, Hawker Siddeley, e posteriormente o desenvolvemento e mantemento foi realizado polas compañías sucesoras de Hawker Siddeley, British Aerospace e, despois, BAE Systems.
Deseñado en resposta a un requirimento emitido pola Royal Air Force (RAF) para substituír os seus vellos Avro Shackleton, o Nimrod MR1/MR2s era principalmente unha plataforma aérea de á fixa para operacións de guerra antisubmarina (ASW); entre os seus roles secundarios incluíanse a vixilancia marítima e a guerra antisuperficie. Operou dende principios dos anos 70 ata marzo de 2010. O substituto previsto ía ser un amplamente reconstruído Nimrod MR2, designado Nimrod MRA4; porén, debido a considerables atrasos, repetidos sobrecustos, e recurtes financeiros, o desenvolvemento do MRA4 abandonouse en 2010.
A RAF tamén operou un pequeno número do Nimrod R1, unha variante de recompilación de intelixencia electrónica (ELINT). Unha plataforma aerotransportada de alerta temperá dedicada, o Nimrod AEW3, estivo sendo desenvolvida dende finais dos 70 ata mediados dos 80; porén, aoigual que co MRA4, atopráronse considerables problemas no seu desenvolvemento e o proxecto acabaría cancelándose en 1986 en favor dunha solución lista para usar atopada no Boeing E-3 Sentry. Todas as variantes do Nimrod retiráronse a mediados de 2011.