"Heart-Shaped Box" é un sinxelo da banda estadounidense de grunge Nirvana, composta polo seu guitarrista e vocalista Kurt Cobain. O tema foi editado como primeiro sinxelo do seu terceiro álbum de estudio In Utero, o 23 de agosto de 1993. Aínda que o selo DGC Records non fixo unha edición física para a venda nos Estados Unidos, "Heart-Shaped Box" foi emitida con moita frecuencia polas radios dese país, acadando o número 1 na lista Billboard Modern Rock Tracks. A edición internacional do sinxelo foi número cinco no Reino Unido.