Heaven Up Here | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Echo & the Bunnymen | ||||
Publicado | 30 de maio de 1981 | |||
Gravación | marzo de 1981 | |||
Estudio(s) | Rockfield Studios, Monmouth, Gales | |||
Duración | 43:03 | |||
Xénero(s) | post-punk | |||
Selo(s) | Korova | |||
Produtor | Hugh Jones, The Bunnymen | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Heaven Up Here é o segundo álbum da banda inglesa de post-punk Echo & the Bunnymen, publicado o 30 de maio de 1981 a través do selo Korova. No mes de xuño dese ano, Heaven Up Here converteuse na primeira edición do grupo en acadar o top 10 da lista británica de álbums[1]. Tamén foi o primeiro que entrou nas listas estadounidenses, acadando o número 184 da Billboard 200[2]. De Heaven Up Here lanzáronse os sinxelos "A Promise" e "Over the Wall".
Gravado nos Rockfield Studios preto de Monmouth en Gales, Heaven Up Here foi co-producido por Hugh Jones e a banda. Foi ben recibido polo público e a crítica no Reino Unido e gañou os premios "Best Dressed LP" e "Best Album" nos NME Awards de 1981. O álbum tamén foi listado no posto 463 na lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos"[3].