Hemoglobina | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
(heterotetrámero, (αβ)2) | |||||||||||||
![]() Estrutura da hemoglobina humana. Subunidades α e β en vermello e azul, respectivamente, e os grupos hemo que conteñen ferro en verde. De PDB 1GZX Proteopedia Hemoglobin | |||||||||||||
Tipo de proteína | metaloproteína, globulina | ||||||||||||
Función | transporte de oxíxeno | ||||||||||||
Cofactor(es) | hemo (4) | ||||||||||||
|
A hemoglobina (Hb) é unha heteroproteína do sangue, de peso molecular 64.000 (64 kD), de cor vermella característica, que transporta o osíxeno dende os órganos respiratorios até os tecidos, en mamíferos, ovíparos e outros animais.
Fórmana catro cadeas polipeptídicas (globinas) a cada unha das cales se une un grupo hemo, cuxo átomo de ferro é capaz de unirse de xeito reversíbel ao osíxeno. O grupo hemo fórmase por:
Cando a hemoglobina está unida ao osíxeno, denomínase oxihemoglobina ou hemoglobina osixenada, dando o aspecto rubio ou escarlata intenso característico do sangue arterial. Cando perde o osíxeno, denomínase hemoglobina reducida, e presenta a cor vermella escura (cianose).