Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Henrique IV.
Henrique IV de Francia  |
Nome orixinal | (fr) Henri IV  |
---|
|
Nacemento | 13 de decembro de 1553  Castelo de Pau, Francia (pt)  |
---|
Morte | 14 de maio de 1610 (56 anos) París, Francia  |
---|
Causa da morte | homicidio, ferida de arma branca  |
---|
Lugar de sepultura | Basílica de Saint-Denis  |
---|
|
Rei de Francia |
---|
2 de agosto de 1589 – 14 de maio de 1610 ← Henrique III de Francia – Lois XIII de Francia → |
Monarca de Baixa Navarra |
---|
9 de xuño de 1572 – 14 de maio de 1610 ← Xoana III de Navarra – Lois XIII de Francia → |
13º Copríncipe francés de Andorra |
---|
9 de xuño de 1572 – 14 de maio de 1610 ← Xoana III de Navarra – Lois XIII de Francia → |
Conde de Foix |
---|
1572 – 1589 (Reino de Francia) ← Xoana III de Navarra – Supresión do cargo →  |
|
|
Relixión | Igrexa católica  |
---|
|
Ocupación | político, monarca, comandante  |
---|
|
Título | Duke of Vendôme (en) Rei de Navarra Rei de Francia  |
---|
Familia | Dinastía Valois, Dinastía Borbón e casa de Albret  |
---|
Cónxuxe | María de Médici (1600, 1600–1610) Margarida de Valois (1572, 1572 (Gregoriano)–1599), divorcio  |
---|
Parella | Gabrielle d'Estrées Fleurette de Nérac Charlotte des Essarts Jeanne de Tignonville Esther Imbert Claude de Beauvilliers Marie-Charlotte de Balzac d’Entragues Diane d'Andoins Catherine Henriette de Balzac d'Entragues Jacqueline de Bueil Charlotte de Sauve Françoise de Montmorency-Fosseux Louise de Budos  |
---|
Fillos | César de Bourbon, Duque de Vendôme ( ) Gabrielle d'Estrées Catarina Henriqueta de Bourbon ( ) Gabrielle d'Estrées Alexandre de Vendôme ( ) Gabrielle d'Estrées stillborn son d'Estrées ( ) Gabrielle d'Estrées Lois XIII de Francia ( ) María de Médici Gastão Henrique, Duque de Verneuil ( ) Catherine Henriette de Balzac d'Entragues Sabela de Francia ( ) María de Médici Gabriela Angélica de Bourbon ( ) Catherine Henriette de Balzac d'Entragues Cristina de Francia ( ) María de Médici Nicolau Henrique de França ( ) María de Médici Antoine de Bourbon-Bueil ( ) Jacqueline de Bueil Joana Henriqueta de Bourbon ( ) Charlotte des Essarts Gastão, Duque d'Orleães ( ) María de Médici Marie Henriette de Bourbon ( ) Charlotte des Essarts Henriqueta María de Francia ( ) María de Médici  |
---|
Pais | Antón de Borbón e Xoana III de Navarra  |
---|
Irmáns | Catarina de Borbón  |
---|
|
|
1562 | Guerras de relixión de Francia |
| Édito de Nantes (pt)
|
|
|
|
Sinatura  |
|
|
|
|
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia militar Sytin  |
---|
 |
Henrique de Borbón, nado en Pau o 13 de decembro de 1553 e finado en París o 14 de maio de 1610, foi rei de Navarra co nome de Henrique III entre 1572 e 1610, e rei de Francia como Henrique IV entre 1589 e 1610, primeiro da casa de Borbón neste país, coñecido como Henrique o Grande (Henri le Grand) ou o Bo Rei (Le bon roi Henri) e copríncipe de Andorra (1572-1610).
A miúdo é considerado polos franceses como o mellor monarca que gobernou o seu país, sempre tentando mellorar as condicións de vida dos seus súbditos. Atribúeselle a frase: «Un pito nas potas de todos os campesiños, todos os domingos», que simplifica perfectamente a súa política de facer feliz ó seu pobo, non só con poder e conquistas, senón tamén con paz e prosperidade. É o referente dos monárquicos franceses, os cales realizan todos os anos unha homenaxe fronte á súa estatua do Pont Neuf (Ponte Nova) de París o día da súa entrada á cidade.
Foille dedicada a marcha «Vive Henri IV» («Viva Henrique IV»), que chegou a ser o himno de facto do reino e o de iure durante a Restauración, e é coñecida aínda hoxe día polos franceses.