Hersham and Walton Motors

HWM
Un coche HWM Fórmula Un/dúas de 1952.
Nome completo Hersham and Walton Motors
Bandeira Reino Unido Reino Unido
Baseada en Walton-on-Thames, Surrey, Reino Unido
Tempadas en activo 1951-1954
Número de pilotos George Abecassis
Stirling Moss
Peter Collins
Lance Macklin
Bélxica Paul Frère
Bélxica Roger Laurent
Francia Yves Giraud-Cabantous
Duncan Hamilton
Bélxica Johnny Claes
Países Baixos Dries van der Lof
Jack Fairman
Suíza Albert Scherrer
John Fitch
Debut Gran Premio de Suíza de 1951
Carreiras 16
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 0
Derradeiro GP Gran Premio de Francia de 1954

Hersham and Walton Motors (HWM) é o concesionario máis antigo do mundo de Aston Martin (logo de adquirir a franquía en 1951), tamén foi un construtor de automóbiles de carreiras. Como construtor, é coñecido pola súa participación na Fórmula Dúas de 1950 a 1953 e na Fórmula 1 en 1954. Os propietarios de HWM George Abecassis e John Heath correron xuntos desde 1946 e en 1948 construíron un coche deportivo de carreiras co chasis dun Alta, embarcándose na construción de coches de carreiras e coches deportivos de carreiras na súa sede en Walton-on-Thames, Inglaterra. O coche de 1948 deulles resultados alentadores polo que construíron un novo auto, esta vez chamouse HW-Alta, foi construído e competiu en 1949; logrou o éxito suficiente para convencer os socios para emprender a fundación dun equipo para a tempada británica de Fórmula Dúas de 1950, estes coches foron coñecidos como HWM.

A pesar de ser un equipo con moi pouco diñeiro, de 1950 a 1952, HWM logrou un éxito notable na Fórmula Dúas, enfrontándose ao poderío das marcas continentais en cada carreira. En 1953 foron claramente superados, pero cando a Fórmula cambiou en 1954, John Heath construíu un coche para competir na Fórmula 1. HWM abandonou a nova Fórmula 1 logo de dúas carreiras debido a que seu auto non era nada competitivo. Mentres tanto, aparecera en 1953 o primeiro coche deportivo de carreiras Jaguar con motor HWM, e logrou algo de éxito con George Abecassis no volante. Desde entón e ata 1957, o equipo participou en carreiras de autos deportivos en Gran Bretaña e no continente, ás veces superando os seus competidores oficiais, Jaguar e Aston Martin. Despois da morte de John Heath na Mille Miglia de 1956 en Italia nun coche HWM oficial, Abecassis non desexaba seguir e o programa de carreiras con coches de fábrica só continuou durante un ano.

A día de hoxe HWM é propiedade do socio de George Abecassis, Mike Harting (ex. Aston Martin) e a súa familia. HWM exerce as súas actividades como HWM Aston Martin e HWM Alfa Romeo, sendo o concesionario de Aston Martin e Alfa Romeo.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne