Hesitation Marks | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Nine Inch Nails | ||||
Publicado | 2 de setembro do 2013 (RU) 3 de setembro do 2013 (EEUU) | |||
Gravación | 2012 - 2013 | |||
Duración | 61:50 | |||
Xénero(s) | rock industrial, rock alternativo, música electrónica | |||
Selo(s) | Columbia/The Null Corporation | |||
Produtor | Trent Reznor, Atticus Ross, Alan Moulder | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Hesitation Marks é o oitavo álbum da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails, publicado o 2 de setembro de 2013 no Reino Unido e o día seguinte nos Estados Unidos a través do selo Columbia Records. Trátase do seu primeiro disco dende The Slip, lanzado en 2008, e a súa primeira edición con Columbia. O seu título deriva do termo hesitation wounds, que son as feridas producidas ao probar unha arma branca antes dun intento de suicidio ou de auto-lesionarse.
O primeiro sinxelo, "Came Back Haunted", apareceu o [[día 6 de xuño de 2013. O 12 de agosto, Amazon UK lanzou oficialmente o segundo tema, "Copy of A", dispoñible gratuitamente como descarga dixital. O 22 de agosto, unha copia para a radio de "Find My Way" foi subida a YouTube. O día 27 dese mesmo mes o álfum foi posto en streaming en iTunes despois de que fose filtrado en Internet. Hesitation Marks está dispoñible con dúas masterizacións distintas para a súa descarga dixital, unha verión "estándar" e a "Audiophile Mastered Version" (esta última con maior rando dinámico, sen que pretenda competir na guerra do volume).