Het Wilhelmus | |
---|---|
En galego: O Guillerme | |
Himno de | Países Baixos |
Letra | Descoñecido |
Música | Adrianus Valerius |
Adoptado | 1932 1954 (Antillas Neerlandesas) |
Mostra da música | |
Het Wilhelmus ( en galego: O Guillerme) é o himno dos Países Baixos e o himno nacional máis antigo do mundo[1] aínda que a letra do himno xaponés Kimi Ga Yo (non a música) data do século IX.[2] Aínda que non foi recoñecido como oficial até 1932, sempre foi unha canción moi popular entre os neerlandeses.
Ao igual que moitos himnos, a orixe do Het Wilhelmus foi na loita da nación para acadar a súa independencia. A letra fala de Guillerme de Orange, a súa vida e porque loitou polo pobo neerlandés. Como resultado disto o himno está escrito como se fose cantado por el mesmo.