Heterodon

Heterodon é un xénero de cobras inofensivas da familia Colubridae endémicas de América do Norte.[1] Son robustas con morros que apuntan cara a arriba e son coñecidas por facer unha exhibición característica ante as ameazas. No xénero recoñécense actualmente tres especies.[2] En Norteamérica chámanlles "serpes de fociño de porco" (hognosed snakes).[3][2]

  1. Platt, Dwight R. 1983. Heterodon. Catalogue of American Amphibians and Reptiles. Society for the Study of Amphibians and Reptiles, 351: 1-2.
  2. 2,0 2,1 Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Heterodon (TSN 174153)" (en inglés). 
  3. Wright AH, Wright AA. 1957. Handbook of Snakes of the United States and Canada. Ithaca and London: Comstock Publishing Associates. (7th printing, 1985). 1,105 pp. (in 2 volumes) ISBN 0-8014-0463-0. (Genus Heterodon, p. 296 + Figure 25 on p. 81 + Map 28 on p. 298.)

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne