Unha hidroxenase é un encima que cataliza a oxidación reversible do hidróxeno molecular (H2), tal como se mostra aquí:
H2 + Aox → 2H+ + Ared
|
|
(1) |
2H+ + Dred → H2 + Dox
|
|
(2) |
A captación de hidróxeno (ecuación 1) está acoplada coa redución de aceptores de electróns como o oxíxeno, nitrato, sulfato, dióxido de carbono (CO2), e fumarato. Por outra parte, a redución de protóns (ecuación 2) está acoplada coa oxidación de doantes de electróns como a ferredoxina (FNR), e serve para dispoñer dun exceso de electróns nas células (esencial na fermentación do piruvato). Poden actuar como doantes ou aceptores de electróns fisiolóxicos para as hidroxenases tanto os compostos de baixo peso molecular coma as proteínas, como as FNRs, citocromo c3, e citocromo c6.[1]