Hillbilly Elegy | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Hillbilly Elegy |
Director | Ron Howard |
Produtor |
|
Guión | Vanessa Taylor |
Baseado en | Hillbilly Elegy de J. D. Vance |
Intérpretes |
|
Música |
|
Fotografía | Maryse Alberti |
Montaxe | James D. Wilcox |
Estudio | Imagine Entertainment |
Distribuidora | Netflix |
Estrea | 11 de novembro de 2020 |
Duración | 115 minutos[2] |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Orzamento | 45 millóns de dólares[3] |
Recadación | 38 852 dólares[4] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Hillbilly Elegy é un filme estadounidense de 2020 dirixido por Ron Howard, a partir dun guión de Vanessa Taylor. Baséase no libro homónimo de J. D. Vance. Está protagonizado por Glenn Close, Amy Adams, Gabriel Basso, Haley Bennett, Freida Pinto, Bo Hopkins e Owen Asztalos, e conta a historia dun estudante de dereito en Yale que debe regresar coa súa familia en Ohio para atender unha emerxencia familiar.
Despois de mercar os dereitos do libro de Vance en 2017, Imagine anunuciou a Howard como director. Netflix adquiriu os dereitos de distribución en xaneiro de 2019, e a maioría do elenco uniuse en abril. A rodaxe produciuse dende xuño até agosto dese mesmo ano en Xeorxia e Ohio.
Hillbilly Elegy estreouse en cinemas escollidos dos Estados Unidos o 11 de novembro de 2020, e dixitalmente a través de Netflix o 24 de novembro. O filme recibiu valoracións negativas por parte da crítica, que criticou o seu guión e narrativa, aínda que as interpretacións do elenco recibiron boas valoracións.