A hipoxia no ambiente é a condición na que este presenta niveis baixos de oxíxeno. Normalmente, o 20,9% do gas da atmosfera da Terra é oxíxeno. A presión parcial de oxíxeno na atmosfera é do 20,9% do total da presión barométrica.[1] Porén, na auga, os niveis de oxíxeno son moito menores, aproximadamente do 1%, e flutúan localmente dependendo da presenza de organismos fotosintéticos e a distancia relativa á superficie (como hai máis oxíxeno no aire, este difunde a favor do gradiente de presión parcial).[2]