A historia dos xudeus en Inglaterra remóntase ao reinado de Guillerme o Conquistador. O primeiro rexistro escrito sobre un asentamento xudeu na historia de Inglaterra data de 1070. Os asentamentos continuaron ata que o rei Eduardo I de Inglaterra emitiu o Edicto de Expulsión en 1290.
Trala expulsión non quedaron comunidades xudías máis aló daqueles o practicaban en segredo, ata o goberno de Oliver Cromwell. Mentres que Cromwell nunca readmitiu formalmente aos xudeus na Mancomunidade de Inglaterra, unha pequena comunidade de xudeus sefardís foron identificados en Londres e recibiron permiso para quedar alí.
O acta de naturalización xudía de 1753, supuxo un intento de legalizar a presenza en Inglaterra[a] que durou tan só uns poucos meses. Os historiadores sitúan a data da emancipación xudía entre 1829 ou 1858, cando Benjamin Disraeli, nado xudeu pero converso ao anglicanismo, foi elixido no Parlamento en 1837. Por insistencia do líder irlandés Daniel O'Connell, a lei de 1846 coñecida como "De Judaismo", que prescribía a vestimenta dos xudeus, quedou abolida.[1] Debido a ausencia de violencia antisemita en Gran Bretaña durante o século XIX, o país adquiriu fama da súa tolerancia relixiosa e atraeu un número significativo de inmigrantes de toda Europa. Entre as décadas de 1930 e 1940, algúns xudeus europeos escolleron Inglaterra para fuxir dos nazis do Terceiro Reich.
Os xudeus tiveron que afrontar os estereotipos e antisemitismo en Gran Bretaña, moitas veces "acompañado da xermanofobia", o que levou a moitas familias a anglicizar os seus apelidos para evitar que pareceran demasiado alemáns.[b] [2]
Na actualidade hai case 300 000 xudeus británicos, e Inglaterra contén a segunda maior poboación xudía de Europa e a quinta a nivel mundial.[3]
Erro no código da cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "lower-alpha", pero non se atopou a etiqueta <references group="lower-alpha"/>
correspondente