Principais potencias políticas de Europa
|
Contra 3000 a.C. - Século XV a.C. |
Talasocracia de Minos (mar Exeo)
|
480 a.C. - 401 a.C. |
Atenas, a través da Liga de Delos (mar Exeo)
|
338 a.C. - 168 a.C. |
Reino de Macedonia, mar Exeo
|
201 a.C. - 395 d.C. |
República de Roma - Imperio romano (mar Mediterráneo, Galia, Panonia, Mesia, Dacia, Xermania, Britania)
|
395 - 1204 |
Imperio bizantino (Mediterráneo oriental, Balcáns, Turquía)
|
481 - 751 |
Reino Franco (Galia, dividido en Austrasia, Neustria e Aquitania)
|
726 - 1797 |
Venecia (Véneto, en épocas, Costa dálmata, mar Exeo)
|
751 - 843 |
Imperio carolinxio (Galia, Xermania, Cataluña, noroeste de Italia
|
756 - 1031 |
Emirato - Califato de Córdoba (Al-Ándalus / España)
|
843 - Actualidade |
Francia (París primeiro, Francia actual)
|
880 - 1204 |
Rus de Kíiv (Rusia, Ucraína, Belarús).
|
962 - 1648 (de facto), 1806 (de iure) |
Sacro Imperio Romano Xermánico (Alemaña, Austria, República Checa, Países Baixos, en épocas, norte de Italia)
|
1066 - 1707 |
Inglaterra (Inglaterra, despois Escocia , Irlanda, en 1707 pasou a ser o Reino Unido)
|
1071 - 1198 |
Reino Normando de Sicilia (Sicilia).
|
1139 - Actualidade |
Portugal (oeste da Península Ibérica, salvo 1580-1640)
|
1396 - 1923 |
Imperio Otomán (Península Balcánica, Turquía)
|
1397 - 1523 |
Unión de Kalmar (Dinamarca e Escandinavia)
|
1520 - Actualidade |
España (Península Ibérica, salvo Portugal, agás entre 1580-1640)
|
1516 - 1556 |
Imperio de Carlos V (España, Borgoña, Flandres, Alemaña, Austria, Milanesado, Nápoles, Sicilia)
|
1569 - 1795 |
República das Dúas Nacións ou Reino de Polonia-Lituania (Polonia, Belarús, Estados Bálticos, Ucraína)
|
1707 - Actualidade |
Reino Unido (Inglaterra, Gales, Escocia, Irlanda do Norte)
|
1725 - 1917 |
Imperio ruso (Europa oriental, Siberia)
|
1796 - 1815 |
Imperio napoleónico (Francia, Italia, Alemaña)
|
1806 - 1918 |
Imperio austríaco (Europa central, Balcáns, que se converteu no Imperio Austrohúngaro en 1867)
|
1859 - Actualidade |
Italia (Italia, en ocasións Costa dálmata, Albania, Libia, Etiopía)
|
1870 - Actualidade |
Alemaña (Alemaña, en ocasións, Alsacia, Austria, Sudetes, Eslovenia)
|
1917 - 1991 |
Unión Soviética (Europa oriental, Siberia, Asia central)
|
1991 - Actualidade |
Rusia (Rusia, Siberia)
|
A historia de Europa refírese ao conxunto de sucesos relativos ás poboacións do continente europeo, desde que foi habitado polos primeiros seres humanos até a actualidade.
O Homo sapiens, segundo algunhas teorías, apareceu hai uns 130 000 anos en África.[1][2] Porén, tamén algúns destes humanos puideron chegar desde Asia e o Oriente Medio a Europa, onde se asentaron entre 40 000 e 25 000 a.C. (Paleolítico superior).[3]
A Antigüidade clásica estivo dominada polo influxo da civilización grecolatina sobre o resto de Europa. A fragmentación política de Europa e os sucesivos intentos forzados de unificación sumiron o continente en numerosos conflitos e guerras durante a Idade Media, como a guerra dos Cen Anos (que, a pesar do nome, durou máis dun século).
A Idade Moderna marca para Europa o inicio de procesos que moito despois darían lugar á globalización, e foi o tempo no que os conflitos bélicos se fixeron cada vez máis desastrosos, como na chamada guerra dos Trinta Anos. Os progresos económicos e o desenvolvemento científico-tecnolóxico aceleráronse en desmedro dos doutros continentes e, de maneira moito máis notoria, durante a Idade Contemporánea, producindo tensións por competencias que desencadearon máis guerras (como as guerras napoleónicas e as guerras mundiais).
Hoxe en día os procesos tendentes á unificación procúranse pacificamente, como no caso da formación da Unión Europea.
- ↑ Goodman, M., Tagle, D., Fitch, D., Bailey, W., Czelusniak, J., Koop, B., Benson, P., Slightom, J. (1990). "Primate evolution at the DNA level and a classification of hominoids". J Mol Evol 30 (3): 260–6. PMID 2109087. doi:10.1007/BF02099995.
- ↑ "Hominidae Classification". Animal Diversity Web @ UMich. Consultado o 312012.
- ↑ "Homo Sapiens: más influencia de Asia que de África". Deutsche Welle 14.08.2007 (en español). 2007. Arquivado dende o orixinal o 21/03/2008. Consultado o 3/1/2012..