Hits Are for Squares

Hits Are for Squares
Recompliación de Sonic Youth
Edición10 de xuño do 2008
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s)Starbucks
Cronoloxía
SYR7: J'Accuse Ted Hughes Hits Are for Squares SYR8: Andre Sider Af Sonic Youth

Hits Are for Squares é un recompilatorio da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth, editado por Starbucks Music o 10 de xuño do 2008. O álbum contén 16 temas, os 15 primeiros seleccionados por outros artistas amigos da banda, e o 16, "Slow Revolution", é unha gravación exclusiva da banda para este disco, non dispoñible noutra edición.

O título "Hits Are For Squares" está collido da letra do tema descartado para o álbum Rather Ripped "Eyeliner". O álbum só está dispoñible en cafeterías Starbucks.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne