A hodonimia[1] (do gregoὁδός hodós, "camiño" + ὄνομα ónoma, "nome") é unha rama da onomástica que se refire aos topónimos que consisten no nome da vía de comunicación, tanto natural coma artificial, que os caracteriza.
↑Aínda que ás veces se ve escrito sen o h inicial, a súa etimoloxía e a ortografía prescrita polo VOLG para palabras da mesma familia léxica indican que debe escribirse con hache. No VOLG aparecen hodometría e hodómetro reenviadas dende as formas sen hache, pero ningunha palabra co prefixoodo- que teña este significado. Con todo, no seu uso como sufixo, perde o hache etimolóxico: ánodo, cátodo ou díodo son exemplos disto.