Hollywood Records | |
---|---|
![]() | |
Acrónimo | Hollywood |
Tipo | selo discográfico |
Data de fundación | 1989 |
Fundador(es) | Michael Eisner |
Organización matriz | Disney Music Group |
Organización subsidiaria | Hollywood Basic |
Sede | Burbank |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.hollywoodrecords.com/ | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Hollywood Records, Inc. é un selo discográfico estadounidense propiedade de Disney Music Group que se centra nos estilos pop, rock, rock alternativo, hip hop e country e tamén especializado en gravacións para unha audiencia máis madura non axeitadas para a súa etiqueta principal, Walt Disney Records.
Fundado en decembro de 1989, no presente inclúe a artistas como Adrian Lyles, New Hope Club, Sofia Carson, Tini, Area21, Queen, Freya Skye, Little Image, Almost Monday, Andy Grammer, e Kenzie.[1] O selo tamén publica as bandas sonoras e edicións dixitais de Marvel Studios, 20th Century Studios, Searchlight Pictures, ABC, National Geographic, Hulu, 20th Television, FX, e ESPN dende as súas adquisicións por parte de The Walt Disney Company.[2]