A homeostase[1] (do latín científicohomeostasis; do grego ὅμοιος hómoios 'similar', 'semellante' [2] e στάσις stásis 'posición', 'estabilidade' [3][4]) é a característica dun sistema aberto ou dun sistema pechado, especialmente nun organismo vivo, que regulariza o seu ambiente interno para manter unha condición estable e constante. Os múltiples axustes dinámicos do equilibrio e os mecanismos de autorregulación fan a homeostase posíbel.
↑ὅμοιος, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus.
↑στάσις, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus.
↑Sobre a correcta acentuación, véxase, p. ex., homeópata, no Dicionario da RAG en liña, que dá a entender que o primeiro α de πατία é breve, o que talvez ocorra tamén no primeito de στάσις (Cf. diástase, no DRAG en liña, e o catalán homeòstasi).