Home de Flores Homo floresiensis Rango fósil: plistoceno superior | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Reconstrución facial | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Extinto (fósil) | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
† Homo floresiensis Brown et al., 2004 | |||||||||||||||||||||||||
Illa de Flores, en Indonesia.
|
Homo floresiensis, ou home de Flores (alcumado como Hobbit e Flo), é unha especie extinta do xénero Homo. Os restos dun individuo que podería ter 0,91 m de altura descubríronse en setembro de 2003 nunha gruta da illa indonesia de Flores. Atopáronse esqueletos parciais de nove individuos, entre os cales hai un cranio humano completo.[1][2]
O achado destes restos abriu un intenso debate para determinar se pertencían a unha especie diferente dos humanos anatomicamente modernos. Este homínido destaca pola súa baixa estatura, corpo miúdo, cerebro pequeno e por ter sobrevivido ata hai moi pouco tempo, xa que se estima que a súa extinción dataría tan só hai 12.000 anos.[3] Recollidos canda os restos de esquelos encontráronse ferramentas de pedra do horizonte arqueolóxico de entre 94 000 a 13 000 anos atrás. Pénsase que este homínido tería sido a orixe das crenzas de Ebu gogo na Illa de Flores.[4]
Os arqueólogos que realizaron a descuberta, Mike Morwood et al., propuxeron unha variedade de características, tanto primitivas como derivadas, que determinan a clasificación como unha nova especie, H. florensiensis,[3] dentro dos homínidos, da que a única especie existente hoxe en día é o H. sapiens sapiens, o bonobo (xénero Pan) e o chimpancé (xénero Pan). Incluso Morwood et al. propoñen que a especie viviu contemporaneamente na illa de Flores.[5]
O sitio arqueolóxico espertou axiña as teorías de que os restos eran parte dunha nova especie, e antropólogos como Teku Jacobo, suxeriron que forman parte dos humanos modernos. Estudos paleoneurolóxicos desbotaron esa posibilidade. Investigacións ortopédicas do 2007 do H. florensiensis asentan a clasificación da nova especie. Un estudo de tres partes dos ósos carpianos conclúen que hai similitudes cos ósos carpianos dos chimpancés e cos dos primeiros homínidos, como Australopithecus, pero diferenzas cos ósos de humanos modernos.[6][7][8]
Un estudo de ósos e articulacións dos brazos, ombros e o baixo das cadeiras suxire que eran máis semellantes aos primeiros humanos e aos gorilas que aos humanos modernos.[9] Outro estudo de medidas comparativas do corpo dálle forza a esta hipótese de Homo floresiensis e Homo sapiens como especies separadas.[10]