República de Honduras (es) | |||||
Himno | Himno Nacional de Honduras (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Libre, Soberana e Independiente» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Tegucigalpa | ||||
Contén a división administrativa | Departamento de Atlántida Departamento de Choluteca Departamento de Colón Departamento de Comayagua Departamento de Copán Departamento de Cortés Departamento de El Paraíso Departamento de Francisco Morazán Departamento de Gracias a Dios Departamento de Intibucá Departamento de Islas de la Bahía Departamento de La Paz Departamento de Lempira Departamento de Ocotepeque Departamento de Olancho Departamento de Santa Bárbara Departamento de Valle Departamento de Yoro | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.062.994 (2021) (89,46 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 112.492 km² | ||||
Punto máis alto | Cerro Las Minas (pt) (2.849 m) | ||||
Punto máis baixo | Mar Caribe (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1821 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república | ||||
• Presidenta | Xiomara Castro (2022–) | ||||
Órgano executivo | Government of Honduras (en) | ||||
• Presidenta | Carlos Roberto Flores (en) (1998–2002) Ricardo Maduro (2002–2006) Manuel Zelaya (2006–2009) Roberto Micheletti (2009–2010) Porfirio Lobo (2010–2014) Juan Orlando Hernández (2014–2022) Xiomara Castro (2022–) | ||||
Órgano lexislativo | Congresso Nacional de Honduras (pt) , (Escano: 128) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 28.488.721.296 $ (2021) | ||||
Moeda | lempira (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .hn | ||||
Prefixo telefónico | +504 | ||||
Teléfono de emerxencia | 198 (pt) e 199 (pt) | ||||
Código de país | HN | ||||
Sitio web | honduras.travel… | ||||
Honduras é un país de América Central, limitado ó norte polo Golfo de Honduras, ó norte e ó leste polo mar Caribe (por onde posúe fronteira marítima co territorio colombiano de San Andrés e Providencia), ó sur por Nicaragua, polo Golfo de Fonseca e polo Salvador e ó oeste por Guatemala. A súa capital é Tegucigalpa.
A República de Honduras é un país centroamericano cun goberno republicano presidencialista. Debúllase en dezaoito departamentos, formando, constitucionalmente, as cidades de Tegucigalpa e Comayagüela, conxuntamente, a capital da república.
Máis do 80% do territorio hondureño é montañoso, abundante en fauna e flora, con numerosos tipos de bosques e ríos. As montañas poden chegar a ter unha altura de 2.827 msnm, con vales e chairas por todo o territorio. Os vales máis importantes encóntranse próximos aos dous océanos, nas zonas norte e sur do país. Na zona central do país tamén nos atopamos con vales como o de Comayagua e o de Catacamas. A Cordilleira Centroamericana divide ao territorio entre as cordilleiras Oriental, Occidental e Central.
A poboación de Honduras é de aproximadamente 7,8 millóns de habitantes.