A hormona liberadora da hormona do crecemento (GHRH), tamén chamada factor liberador da hormona do crecemento (GRF ou GHRF), somatoliberina ou somatocrinina, é unha hormona peptídica hipotalámica, que ten como misión estimular a liberación da hormona do crecemento (GH). Trátase dun péptido de 44 aminoácidos [1] producido no núcleo arqueado do hipotálamo.
A GHRH aparece no hipotálamo humano entre as 18 e 29 semanas de xestación, o que se corresponde co inicio da produción de hormona do crecemento no feto.[1]