Hornblenda | |
---|---|
Fórmula química | Ca2(Mg,Fe,Al)5(Al,Si)8O22(OH)2 |
Clase | Silicatos |
Subclase | Inosilicatos |
Sistema cristalino | Monoclínico 2/m |
Cor | Negra, verde escura |
Brillo | De vítreo a mate |
Dureza | 5-6 (escala de Mohs) |
Fractura | Irregular |
Exfoliación | Imperfecta a 56º e 124º |
Raia | Gris pardusca |
Densidade | 2,9-3,4 g/cm3 |
A hornblenda ou hornablenda, horneblenda[1][2][3], é o nome dun grupo de minerais pertencente á clase dos silicatos ou dos aluminosilicatos. A súa fórmula xenérica é Ca2(Mg,Fe,Al)5(Al,Si)8O22(OH)2. A hornblenda forma parte da composición de moitas rochas ígneas e metamórficas, tales como granitos, gneises, sienitas, dioritas, gabros, basaltos, andesitas e xistos... Forma parte do grupo dos anfíbolos, constituídos por mestura isomorfa de silicatos de calcio, magnesio, ferro, aluminio e, por veces, tamén de sodio, magnesio ou titanio. O termo horneblenda non se refire a un mineral en particular, senón que é unha designación xenérica dada aos anfíbolos de cor moi escura que non poden ser facilmente identificadas sen a análise da súa composición química.
O nome provén do alemán Horn (corno) e Blende (de blenden = relucir) , en referencia ao brillo do mineral.