Houston Astros | |||||
---|---|---|---|---|---|
Fundado en 1962 En Houston desde 1962 | |||||
| |||||
Afiliacións de Grandes Ligas | |||||
| |||||
Uniforme actual | |||||
![]() | |||||
Dorsais retirados | 5, 7, 24, 25, 32, 33, 34, 40, 49, 42 | ||||
Cores | |||||
| |||||
Nome | |||||
| |||||
Alcumes | |||||
| |||||
Estadio | |||||
| |||||
Títulos das Grandes Ligas | |||||
Series Mundiais (2) | 2017, 2022 | ||||
L. Americana (3) | 2017, 2019, 2022 | ||||
L. Nacional (1) | 2005 | ||||
División A-O (3) | 2017, 2018, 2019 | ||||
División N-C (4) | 1997, 1998, 1999, 2001 | ||||
División N-W (2) | 1980, 1986 | ||||
Wild card (3) | 2004, 2005, 2015 | ||||
Administración | |||||
Dono(s) | Jim Crane | ||||
Adestrador | A. J. Hinch | ||||
Director xeral | Jeff Luhnow | ||||
Presidente | Jeff Luhnow |
Os Houston Astros son un equipo profesional estadounidense de béisbol con sede na cidade de Houston, Texas. O club compite na Major League Baseball (MLB) como membro da Divisón Oeste da American League (AL), onde participan desde 2013 tras formar parte anteriormente da National League (NL).[1] Os Astros xogan os seus partidos como local no Minute Maid Park desde o ano 2000.
A franquía foi fundada co nome de Houston Colt .45s e entrou na National League en 1962 xunto cos New York Mets. Tres anos despois da súa fundación, tras traladarse ao Astrodome, primeiro estadio cuberto con cúpula do mundo, mudaron ao seu actual nome, que reflicte o rol de Houston como centro do programa espacial dos Estados Unidos. Dentro da National League xogaron da División Oeste de 1969 a 1993 e na Central de 1994 to 2012. En 2017 convertéronse no primeiro e único da historia que posúe os títulos da National League, conseguido en 2005, e da American League. A continuación gañaron o seu primeiro título das Series Mundiais após vencer a Los Angeles Dodgers tras sete partidos.