Humanae Vitae | |
---|---|
Título orixinal | Humanae vitae |
Autor/a | Paulo VI, papa |
Orixe | Cidade do Vaticano |
Lingua | lingua alemá, lingua inglesa, lingua castelá, lingua francesa, lingua húngara, lingua italiana, lingua latina, lingua portuguesa, chinés simplificado e chinés tradicional |
Data de pub. | 25 de xullo de 1968 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Humanae Vitae (en galego: Da vida humana) é unha encíclica escrita polo papa Paulo VI e publicada o 25 de xullo de 1968. Co subtítulo de Sobre a regulación da natalidade, reafirmou a doutrina tradicional da Igrexa no tocante ao amor matrimonial, á paternidade responsable e ao rexeitamento do control artificial da natalidade co emprego de métodos anticonceptivos.
A encíclica foi moi controvertida pola súa prohibición de calquera forma de anticoncepción no matrimonio, e Paulo VI non publicou ningunha outra encíclica nos dez anos restantes do seu pontificado. En 2008, Bieito XVI dixo sobre esta materia "tan controvertida e, con todo, tan decisiva para o futuro da humanidade", que a Humanae Vitae se converteu en "sinal de contradición [...] un significativo xesto de coraxe ao reafirmar a continuidade da doutrina da Igrexa. [...] O que era verdade onte, permanece verdadeiro tamén hoxe."[1]