"I Feel Fine" | |||||
---|---|---|---|---|---|
Canción de The Beatles | |||||
Lanzamento | Reino Unido - 27 de novembro de 1964 Estados Unidos - 23 de novembro de 1964 | ||||
Formato | Sinxelo 7", 45 RPM | ||||
Gravada | 18 de outubro de 1964 — EMI Studios, Londres | ||||
Xénero musical | Rock and roll | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 2:18 | ||||
Discográfica | Parlophone (GBR) Capitol Records (USA) | ||||
Produtor(es) | George Martin | ||||
Escritor(es) | Lennon—McCartney | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
«I Feel Fine» é unha canción do grupo de rock británico The Beatles, escrita por John Lennon (aínda que aparece acreditada como Lennon-McCartney). Foi lanzada en disco sinxelo en 1964, sendo o oitavo da banda.
Desprazou das listas á canción dos Rolling Stones «Little Red Rooster». O sinxelo foi lanzado o 27 de novembro de 1964 como cara A xunto a «She's a Woman», escrita por Paul McCartney, como cara B. O riff desta canción converteuse nun dos característicos de The Beatles xunto aos posteriores de «Day Tripper», «Ticket to Ride», «And Your Bird Can Sing» e «Paperback Writer».