IES Monelos | |
---|---|
O Edificio coa aparencia antiga, no 2001 | |
Enderezo | |
Rúa Montes, A Coruña | |
Datas | |
Creación | 1966 |
Apertura | 1969 |
Edificio actual | si |
Educación | |
Ensinanzas | Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato |
Xestión | |
Tipo | Público |
Xunta de Galicia | |
Director | Antonio Orosa |
Na rede | |
http://www.edu.xunta.es/centros/iesmonelos/ |
O Instituto de Ensinanza Secundaria Monelos é un centro de educación secundaria e de bacharelato pertencente á rede pública de institutos da Xunta de Galicia, situado no Barrio de Monelos, na cidade da Coruña.
A súa construción foi prevista durante a ditadura franquista polo Boletín Oficial do Estado do 27 de agosto de 1966, para dar unha liña alternativa como continuación do Instituto Masculino (IES Salvador de Madariaga), e aínda que na actualidade funciona como extensión do CEIP San Francisco Javier, tamén recibe gran parte de alumnos do CEIP Juan Fernández Latorre e estudantes do IES Ramon Otero Pedrayo para o nivel de bacharelato. O Instituto abriu por primeira vez as súas portas o 1 de outubro de 1969 albergando os 5 niveis do antigo bacharelato. Coa denominación orixinal de "Instituto Nacional de Bachillerato" (INB) mudou a Instituto Nacional de Bacharelato Mixto (INBM) na transición, o de Instituto de Bacharelato (IB) tralo traspaso de competencias en materia de educación do Ministerio á Consellería, e finalmente o de Instituto de Educación Secundaria (IES) trala impantación da LOXSE en 1998, actualmente coa LOMCE en vigor segue a se denominar como Instituto de Educación Secundaria. O edificio actual ten tres andares e é o resultado de tres reformas e ampliacións sucesivas. Tamén dispón, separado do edificio principal, dun pavillón polideportivo cuberto.
Nel estudaron persoas de relevancia no mundo da cultura como Manuel Rivas, Xurxo Lobato ou Óliver Laxe e impartiron clases outras como Luz Pozo Garza, Xavier Seoane, Antón Capelán, Mercedes Queixas, Ánxeles Penas ou Xosé Antón Fraga. Neste centro edítase a revista escolar Camiño do Corgo, de edición trimestral dende o ano 1998.