A Federación Internacional da Historia e Estatística de Fútbol (en inglés: International Federation of Football History and Statistics), é unha institución creada en 1991 co obxectivo de recompilar, estudar e analizar tódolos datos relacionados coas competicións de fútbol de todo o mundo, tanto históricas como actuais. A sede sitúase en Bonn (Alemaña) e actualmente está presidida por Alfredo W. Pogë.
Esta federación analiza as estatísticas de tódalas competicións futbolísticas, elaborando regularmente diferentes clasificacións a partir de datos obxectivos. Cada mes publica listas de valoración das mellores ligas do mundo, as mellores seleccións nacionais, clubs, xogadores, árbitros etc.
Segundo a lista da clasificación histórica do ránking mundial de club segundo a IFFHS, o FC Barcelona é considerado o mellor equipo do mundo desde 1991, tendo en conta tanto as competicións internacionais como as estatais dos seis continentes futbolísticos.[1]
Top 5 (1991–2010) | ||
---|---|---|
Posición | Equipo | Puntuación |
1 | ![]() |
807 |
2 | ![]() |
726 |
3 | ![]() |
633 |
- | ![]() |
633 |
5 | ![]() |
620 |
Última actualización: 17 de decembro de 2011 |
Actualmente o Deportivo da Coruña é o mellor club galego nestas clasificacións, que ocupa o posto número 117 na clasificación mundial de clubs e o posto 28 da clasificación histórica.
Outra das clasificacións que publica a IFFHS é a das ligas máis fortes do mundo cada ano, clasificación que en 2011 lideraba a Liga Española:
Top 5 (2011) | ||
---|---|---|
Posición | Liga | Puntuación |
1 | ![]() |
652 |
2 | ![]() |
534 |
3 | ![]() |
511 |
4 | ![]() |
509 |
5 | ![]() |
443 |
Última actualización: 17 de decembro de 2011 |