Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
iOS | |
---|---|
Logo da última versión | |
Desenvolvedor | Apple Inc. |
Lanzamento | 29 de xuño de 2007 |
En galego | Non |
Modelo de desenvolvemento | Software privativo |
Núcleo | XNU |
Tipo de núcleo | Núcleo híbrido (XNU) |
Licenza | APSL (Apple Public Source License) e Apple EULA (Licenza de software) |
Última versión estable | iOS 17.6.1. (7 de agosto de 2024) |
Estado actual | En permanente desenvolvemento |
Sitio web | https://www.apple.com/ios/ios-13 en Inglés |
iOS é un sistema operativo móbil desenvolvido por Apple Inc., lanzouse por primeira vez como iPhone OS en xuño de 2007, coincidindo co lanzamento da primeira xeración de iPhone.[1] O iPhone OS pasou a chamarse iOS despois do lanzamento do iPad, comezando con iOS 4.[2] Co iOS 13, Apple comezou a ofrecer un sistema operativo separado, iPadOS, para o iPad. iOS tamén é a base dos novos audioOS e tvOS, e comparte parte do seu código con macOS. Cada ano lánzanse novas versións de iOS xunto con novos modelos de iPhone. Dende o seu lanzamento en 2007 ata 2010 lánzanse novas versións en setembro ou outubro. A versión actual de iOS é iOS 17, lanzado o 18 de setembro de 2023.