I Will Follow

"I Will Follow"
sinxelo de U2
do álbum Boy
Lanzamento outubro de 1980
Formato vinilo de 7"
Gravada
Xénero musical rock, post-punk
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 3:37
Discográfica Columbia/Island
Produtor(es) Steve Lillywhite
Escritor(es)
Cronoloxía
""A Day Without Me"" "I Will Follow" ""Fire""
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"I Will Follow" é unha canción da banda irlandesa de rock U2. É o primeiro tema do seu álbum de estrea, Boy, e foi publicado como o seu segundo sinxelo en outubro de 1980. Bono escribiu as letras de "I Will Follow" como homenaxe á súa nai que morrera cando el tiña 14 anos.

"I Will Follow" é a única canción que U2 tocou en todas as xiras dende que publicaron o seu primeiro álbum. Do tema realizose tamén o primeiro videoclip da banda, dirixido por Meiert Avis en Dublín. A canción foi publicada cinco veces, primeiro en 1981 nun vinilo de 7" en Irlanda, Reino Unido, Australia e Nova Zelandia, despois co mesmo formato nos Estados Unidos e o Canadá, un terceiro nos Países Baixos en 1982 cun tema do October, un cuarto en 1983 cunha versión en directo da canción, e o derradeiro en 2011 cunha versión ao vivo gravada no Glastonbury Festival dese ano.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne