A iconoclastia é a oposición á veneración de imaxes ou ídolos. Etimoloxicamente, o termo iconoclasta refírese a quen esnaquiza iconas, é dicir, pinturas ou esculturas sagradas. Un exemplo de iconoclastas foi a tradición bizantina, especialmente León III, que ordenou a destrución de todas as representacións de Xesús, a Virxe María e, especialmente, todos os Santos.
En linguaxe coloquial, utilízase tamén o termo iconoclasta para referirse a aquela persoa que vai ao contraxeito e cuxo comportamento é contrario aos ideais, normas ou modelos da sociedade actual ou á autoridade de mestres dentro desta, sen que implique unha connotación negativa da súa figura.