Ictericia

Ictericia
Clasificación e recursos externos
Coloración amarela da pel e escleras causada por hepatite A.
DiseasesDB7038
MedlinePlus003243
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A ictericia[1] é a coloración amarelada da pel e mucosas por mor dun aumento da bilirrubina (valores normais de 0,3 a 1 mg/dl) que se acumula nos tecidos, sobre todo aqueles con maior número de fibras elásticas (padal, conxuntiva).

Faise clinicamente evidente cando a bilirrubina é maior de 2.5 mg/dl. Este aumento pode ser a expensas da fracción non conxugada ou "indirecta" da bilirrubina (BI); esta é liposoluble e non se filtra polo ril, polo que non aparece coluria. Cando o aumento é a expensas da bilirrubina conxugada ou "directa" (BD), ó ser esta hidrosoluble, fíltrase polo ril, aparecendo coluria. Pode haber aumentos de ambas as fraccións e fálase entón de hiperbilirrubinemia mixta. A bilirrubina non conxugada é a relacionada coa ictericia prehepática e non hai coluria nin acolia, mentres que a bilirrubina conxugada está relacionada coa ictericia hepática e poshepática.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ictericia.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne