Ideafix

Ideafix
Información editorial
Primeira apariciónA volta á Galia de Astérix (1963)
CreadoresRené Goscinny, Albert Uderzo
Biografía ficticia
OrixeArmórica, Galia

Ideafix[1] (en francés: Idéfix) é un personaxe da serie de banda deseñada Astérix, creado por René Goscinny e Albert Uderzo. É o can pequeno e branco de Obélix (o mellor amigo de Astérix), a quen sempre acompaña e axuda. Aparece por vez primeira na aventura A volta á Galia de Astérix en 1963.[2]

Segundo Nicolas Rouvière, trátase dun schnauzer anano[2] e ademais é o único personaxe principal da serie que é un animal. É coñecido polo seu carácter ecoloxista, ao chorar desesperadamente ao ver como se derruba unha árbore, é por esta causa que o seu amo Obélix deixou de tirarlles árbores aos romanos.

  1. Busca e atopa a-- Ideafix. Traducido por Xavier Senín, Valentín Arias e Isabel Soto (1ª ed.). Madrid: Salvat. 2011. ISBN 978-84-216-8624-9 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. 2,0 2,1 Rouvière 2012, p. 141

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne