James Newell Osterberg, Jr., nado en Muskegon (Míchigan) o 21 de abril de 1947, é un cantante estadounidense de punk rock, máis coñecido polo seu nome artístico, Iggy Pop. É considerado un dos maiores innovadores no punk rock e estilos relacionados.
Iggy Pop foi o cantante e líder de The Stooges, unha pioneira banda de fins dos 60 e principio dos 70 moi influente en desenvolvemento do punk. The Stooges fíxose famosa polas súas actuacións en vivo, onde Iggy saltaba do escenario (inventando así o stage diving ou salto ao público), tirábase carne crúa e manteiga de cacahuete sobre o peito e cortábase con botellas rotas. Moitos outros imitaron as travesuras de Iggy.
Iggy Pop tivo distinto grao de éxito nos seus 25 anos de carreira como solista. Temas coñecidos seus son "Search & Destroy", "Lust for Life", "I'm Bored", "The Passenger", "I Wanna Be Your Dog" e "Candy".