Igrexa nova de Delft | |
---|---|
Igrexa nova (Nieuwe Kerk) de Delft. | |
Datos xerais | |
País | Países Baixos |
Rexión | Holanda Meridional |
Tipo | Igrexa |
Advocación | Santa Úrsula |
Localización | Delft |
Coordenadas | 52°00′44″N 4°21′37″L / 52.012139, 4.360194 |
Culto | |
Culto | Igrexa protestante |
Arquitectura | |
Construción | 1396 (comezo) |
Estilo | Arquitectura gótica |
Páxina web | oudeennieuwekerkdelft.nl |
[ editar datos en Wikidata ] |
Igrexa nova de Delft (en neerlandés: Nieuwe Kerk) é o nome co que se coñece unha igrexa protestantes estilo gótico dos Países Baixos, erguida no século XIV, situada na cidade de Delft, na Holanda Meridional.
A igrexa está situada na Gran Praza (Markt) de Delft, fronte ao antigo edificio do concello de Delft.
A impoñente torre da campá da igrexa chega aos 108,75 metros de altura. É a segunda máis alta dun edificio relixioso nos Países Baixos, por detrás da torre da catedral de San Martiño, de Utrecht, que chega aos 112 metros.[1]
Esta igrexa goza dun recoñecemento particular, polo feito de albergar o panteón real da casa de Orange-Nassau. En 1967 recibiu a consideración de monumento nacional dos Países Baixos (rijksmonument).[2]