Igrexa ortodoxa finlandesa | |
---|---|
Historia | |
Fundación | 1921 |
Motivo | Autonomía da Igrexa ortodoxa rusa |
Goberno | |
Patriarca ecuménico de Constantinopla | Bartolomeu I |
Arcebispo de Helsinqui e toda Finlandia | Leo Makkonen |
Outros datos | |
Páxina web | www.ort.fi |
A Igrexa ortodoxa finlandesa (en finés: Suomen ortodoksinen kirkko) é unha igrexa ortodoxa autónoma do patriarcado ecuménico de Constantinopla en Finlandia. A igrexa ten o recoñecemento legal como igrexa nacional do país, xunto á Igrexa luterana evanxélica de Finlandia.
Ten orixe no traballo dos misioneiros medievais de Novgorod en Carelia, e foi parte da Igrexa ortodoxa rusa até 1923. Hoxe estrutúrase en tres dioceses, e conta con arredor de 58.000 fieis.