Igrexa ortodoxa rusa | |
---|---|
Historia | |
Fundación | 1589 |
Motivo | Independencia da Igrexa Ortodoxa de Constantinopla |
Goberno | |
Patriarca de Moscova | Cirilo I |
Outros datos | |
Páxina web | www.patriarchia.ru |
A Igrexa ortodoxa rusa (en ruso: Русская православная церковь, Russkaia pravoslavnaia tserkov), é unha das igrexas ortodoxas autocéfalas, en comuñón co resto da Igrexa ortodoxa.
O primado da Igrexa é o patriarca de Moscova, o quinto na orde de precedencia da Igrexa ortodoxa logo dos patriarcas de Constantinopla, Alexandría, Antioquía e Xerusalén. Reclama xurisdición exclusiva sobre todos os crisitáns ortodoxos que viven nas antigas repúblicas da U.R.S.S., coa excepción de Xeorxia e Armenia, aínda que dita xurisdición é disputada en países como Estonia, Ucraína e Moldova. Ten tamén autoridade sobre os cristiáns ortodoxos do Xapón e da China.
O 15 de outubro de 2018 o Sínodo da Igrexa ortodoxa rusa rompeu a comuñón eclesiástica coa Igrexa ortodoxa de Constantinopla por mor da decisión desta de conceder a autocefalia á Igrexa ortodoxa ucraína.[1]