Tipo | illa ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | Bohol, Filipinas ![]() | ||||
| |||||
Bañado por | Mar de Bohol, Mar de Camotes, Cebu Strait (en) ![]() ![]() ![]() | ||||
Características | |||||
Altitude | 191 m ![]() | ||||
Superficie | 3.820,7 km² ![]() | ||||
A illa de Bohol é a illa principal da provincia de Bohol nas Visayas. Atópase ao sueste da illa de Cebú no Estreito de Cebú (nalgunhas referencias chamado Estreito de Bohol) e ao suroeste da Illa Leyte, separadas polo Mar de Camotes e o Canal Canigao. Bohol tamén se atopa ao norte de Mindanao co Mar de Bohol entre elas.
Cunha superficie de 3.269 km² e unha costa de 261 quilómetros de longo, é a illa de Bohol a décima máis grande de Filipinas. A illa principal está rodeada de preto de 70 illas máis pequenas, as maiores das cales son a Illa Panglao fronte a cidade de Tagbilaran no suroeste e a Illa Lapining no nordés.