Tipo | illa ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena ![]() | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 53 m ![]() | |||
Superficie | 529 km² ![]() | |||
A illa Mornington está situada no océano Pacífico na rexión austral de Chile, ao sur do golfo de Penas. Forma parte do arquipélago Mornington. Ten unha superficie de 528´8 km², que a converten na 26ª illa maior de Chile.
Administrativamente pertence á provincia de Última Esperanza da XII Rexión de Magallanes e a Antártica Chilena.
Desde hai aproximadamente 6.000 anos as súas costas foron habitadas polo pobo kawésqar. A comezos do século XXI este pobo fora practicamente extinguido pola acción do home branco.