Tipo | illa ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Gambier ![]() | |||
Situado na entidade xeográfica | Illas Gambier ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | Polinesia Francesa, Francia ![]() | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico ![]() | |||
Características | ||||
Dimensións | 2,4 (![]() ![]() | |||
Superficie | 5,7 km² ![]() | |||
Taravai é a segunda illa máis grande das Illas Gambier na Polinesia Francesa. De forma triangular, está situado ao suroeste a 2 km de Mangareva e 300 m ao norte da illa de Agakauitai. Taravai de 5´7 Km² elévase a 256 m.. Pódense ver os restos da igrexa de San Gabriel rematada en 1868 pola misión católica de Honoré de Laval. A pequena aldea de Agakono albergaba só 9 persoas en 2012, nalgún momento viviron 2.000 persoas. Existen restos das antigas aldeas de Aga-nui (noroeste) e Agakau-i-uta (sueste).[1] A illa mostra unha exuberante vexetación, con moitas cafeeiras. A illa foi descuberta polo navegante Inglés James Wilson 1797.
O sitio arqueolóxico de Onemea suxire a ocupación esporádica da illa cara ao ano 950 cun posible asentamento continuo desde o século XIII.[2]
Antes da conversión ao cristianismo, o rei de Taravai era un vasalo do rei de Rikitea en Mangareva.[3]