Illa de Elba

Modelo:Xeografía físicaIlla de Elba
(it) Elba Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deArquipélago Toscano Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaMar Tirreno Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaProvincia de Livorno, Italia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°46′48″N 10°16′30″L / 42.78, 10.275
Bañado porMar de Liguria Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude1.019 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións18 (ancho) × 29 (lonxitude) km
Perímetro147 km Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Capanne (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  (1.019 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie223 km² Editar o valor en Wikidata

Sitio webvisitelba.com… Editar o valor en Wikidata

Elba (en italiano: isola d'Elba, en latín: Ilva, e na lingua grega antiga: Αἰθαλία, Aithalia) é unha illa mediterránea de orixe volcánica duns 225 km², situada a 10 km. da cidade costeira continental de Piombino na Toscana, Italia.

Elba é a illa máis grande do Arquipélago Toscano. Elba tamén forma parte na súa totalidade do Parque Nacional do Arquipélago Toscano,[1] e a terceira illa máis grande das illas italianas, logo de Sicilia e Sardeña. Está situada no mar Tirreno, 50 km. ao leste da illa de Córsega.

A súa costa é cambiante entre arrecifes, moi apreciada polos mergulladores, as pequenas praias contrastan co interior abrupto e montañoso. O cume máis alto é o Monte Capanna duns 1.000 m de altura.

A illa forma parte da provincia de Livorno e divídese en oito municipios, cunha poboación total de máis de 30.000 habitantes, que aumenta considerablemente durante o verán. Os municipios son oito: Campo nell'Elba, Capoliveri, Marciana, Marciana Marina, Porto Azzurro, Rio Marina, Rio nell'Elba e Portoferraio (antiga Portus Argous).[2] Esta última é a súa capital.

  1. "Elba". Parco nazionale dell'Arcipelago Toscano. 16 de febreiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2013. Consultado o 15 de xaneiro de 2012. 
  2. "Elba". Enciclopedia Treccani (en italiano). Consultado o 29-11-2019. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne