![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Σάμος (el) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Grecia | ||||
Administracións descentralizadas | administración descentralizada do Exeo | ||||
Periferias | Exeo Setentrional ![]() | ||||
Capital | Vathi (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 32.977 (2011) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 476 km² ![]() | ||||
Bañado por | Mar Exeo ![]() | ||||
Punto máis alto | Kerkis (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 931 xx ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Sitio web | samos.gr ![]() |
Samos (grego Σάμος) é unha illa de Grecia, situada no mar Exeo. Pertence ao arquipélago das Espóradas e á rexión do Exeo setentrional, e está situada entre a illa de Quíos e o arquipélago do Dodecaneso. A illa de Samos está separada por un estreito de apenas 1,8 km da costa anatólica e do cabo Micala.
A superficie da illa é 468 km², 43 km de longo e 13 de ancho. De considerable extensión, Samos está percorrida por ásperos relevos montañosos (a altura máxima é de 1.437 m). Ao longo das costas, en xeral escarpadas e pouco seguidas, ábrense chairas.