Imogen Holst

Modelo:BiografíaImogen Holst

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de abril de 1907 Editar o valor en Wikidata
Richmond, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte9 de marzo de 1984 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Aldeburgh, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónRoyal College of Music
St Paul's Girls' School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de orquestra, escritora, musicóloga, compositora, biógrafa Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJane Joseph Editar o valor en Wikidata
InstrumentoÓrgano Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiGustav Holst Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteWomen Opera Composers: Biographies from the 1500s to the 21st Century (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2563441 BNE: XX972339 Spotify: 3zslOkHVsOHJzOqBiFGaNp Musicbrainz: 978a4b55-809f-4007-b210-6d1ac875df70 Discogs: 1057076 IMSLP: Category:Holst,_Imogen Allmusic: mn0002168260 WikiTree: Holst-424 Find a Grave: 6826019 Editar o valor en Wikidata

Imogen Clare Holst CBE, nada o 12 de abril de 1907 en Richmond, Surrey (Reino Unido) e finada o 9 de marzo de 1984 en Aldeburgh, Suffolk (Reino Unido), foi unha compositora, arranxadora, directora de orquestra, profesora e administradora de festivais británica. Única filla do compositor británico Gustav Holst, é especialmente coñecida polo seu traballo educativo no Dartington Hall na década de 1940, e polos seus 20 anos como directora artística adxunta do Festival de Aldeburgh. Amais de compoñer música, escribiu biografías de compositores, elaborou numeroso material didáctico, e varios libros sobre a vida e a obra de seu pai.

Dende moi nova, Imogen Holst mostrou un talento precoz na composición e a interpretación. Logo de asistir á Eothen School e á St Paul's Girls' School, ingresou no Royal College of Music, onde desenvolveu as súas habilidades como directora de orquestra e gañou varios premios de composición. Incapaz por motivos de saúde de seguir as súas ambicións iniciais de ser pianista ou bailarina, Imogen pasou a maior parte da década de 1930 ensinando, e como organizadora a tempo completo da English Folk Dance and Song Society. Estes deberes reduciron as súas actividades compositivas, aínda que fixo moitos arranxos de pezas populares. Logo de exercer como organizadora do Consello para o Fomento da Música e as Artes ao inicio da segunda guerra mundial, en 1942 comezou traballar en Dartington. Nos seus nove anos alí fixo de Dartington un centro importante de educación e actividade musical.

A principios da década de 1950 Imogen converteuse na asistente musical de Benjamin Britten, trasladouse a Aldeburgh, e comezou a axudar coa organización do festival anual de Aldeburgh. En 1956 converteuse na directora artística do festival, e durante os seguintes 20 anos axudouno a acadar unha posición preeminente na vida musical británica. En 1964 renunciou como asistente de Britten para retomar a súa propia carreira como compositora e concentrarse na preservación do legado musical de seu pai. A propia música de Imogen non é amplamente coñecida e recibiu pouca atención da crítica; boa parte dela é inédita e non se interpretou nunca. A primeira gravación adicada ás súas obras, realizada entre 2009 e 2012, foi calorosamente recibida pola crítica. Foi nomeada CBE en 1975 e recibiu numerosos honores académicos. Morreu en Aldeburgh e está enterrada no seu camposanto.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne