Imperium Romanum Occidentale (la) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Mediolanum (395–402) Ravenna (402–476) | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua latina | ||||
Relixión | cristianismo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 2.534.957 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 17 de xaneiro de 395 | ||||
Disolución | 476 | ||||
Sucedido por | Reino franco, Reino de Italia, Reino visigodo de Tolosa, Imperio Bizantino, Reino Suevo, Reino vándalo, Reino dos Burgundios, Reino de Soissons (pt) , Mauro-Roman kingdoms (en) , Alamania, Armórica e Britania posromana | ||||
Evento clave | |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | autocracia monarquía | ||||
Órgano lexislativo | Senado do Imperio Romano , | ||||
Moeda | moeda da Antiga Roma | ||||
O Imperio Romano de Occidente é o nome que se lle deu á parte occidental do Imperio Romano despois da súa división por Diocleciano no ano 286. Tivo unha existencia política separada tras a morte de Teodosio I (395), quen deixou a parte occidental do seu imperio a Honorio, e finalizou oficialmente coa abdicación de Rómulo Augústulo o 4 de setembro de 476 polas presións do xefe xermánico Odoacro.