Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2013.) |
Российская империя (ru) | |||||||||||||||||||||
Himno | Deus salve o tsar (1833-1917) | ||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Capital | San Petersburgo (1730–) | ||||||||||||||||||||
Poboación | |||||||||||||||||||||
Poboación | 181.537.800 (1916) (7,66 hab./km²) | ||||||||||||||||||||
Lingua oficial | lingua rusa lingua polaca lingua finesa lingua sueca | ||||||||||||||||||||
Relixión | Igrexa ortodoxa rusa, cristianismo ortodoxo e Igrexa ortodoxa | ||||||||||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||||||||||
Superficie | 23.700.000 km² | ||||||||||||||||||||
Comparte fronteira con | Imperio Británico Imperio do Xapón Estados Unidos de América (1784–) República das Dúas Nacións (–1795) Imperio Austrohúngaro (1867–) Imperio Austríaco (–1867) Imperio Alemán (1871–) Dinastía Qing (–1912) | ||||||||||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||||||||||
Precedido por | |||||||||||||||||||||
Fundador | Pedro I de Rusia | ||||||||||||||||||||
Creación | 22 de outubro de 1721 (Xuliano) | ||||||||||||||||||||
Disolución | 1 de setembro de 1917 (Xuliano) | ||||||||||||||||||||
Sucedido por | República Rusa | ||||||||||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||||||||||
Organización política | |||||||||||||||||||||
Forma de goberno | monarquía dual (1905–1917 (Xuliano)) monarquía absoluta (1721 (Xuliano)–1905) monarquía constitucional | ||||||||||||||||||||
• Emperador | Nicolao II de Rusia (1894 (Xuliano)–1917 (Xuliano)) | ||||||||||||||||||||
• Lista (pt) | Nikolay Rumyantsev (pt) (1810–1812) Ivan Shcheglovitov (en) (1917–1917) | ||||||||||||||||||||
Membro de | |||||||||||||||||||||
Moeda | gold rouble (en) | ||||||||||||||||||||
O Imperio ruso foi un Estado que existiu oficialmente dende 1721 até 1917 e que desapareceu como consecuencia da Revolución Rusa de 1917. Foi o sucesor do Tsarato ruso e o predecesor da Unión Soviética. A comezos do século XIX Rusia era o meirande estado do mundo.
A capital do imperio foi San Petersburgo (despois de 1914 rebautizada como Petrogrado). Ao final do século XIX o tamaño do Imperio aproximábase aos 21 799 825 km2. De acordo co censo de 1867 a súa poboación acadaba os 128 200 000 persoas, porén, a maioría deles (93,4 millóns) vivían na Rusia europea. Máis de 200 grupos étnicos vivían xuntos no Imperio. Ademais do territorio actual da Rusia, en 1917 o Imperio ruso incluía territorio dos estados bálticos, a Belarús, parte da Polonia, a Moldova, o Cáucaso, a Finlandia, a maioría da Asia Central e unha parte da Turquía. Entre 1732 e 1867 o Imperio Ruso tamén incluía Alasca, ao outro lado do Estreito de Bering.
En 1914 o Imperio estaba dividido en 81 provincias (Óblasti) e 20 rexións (guberniyas). Vasalos e protectorados do imperio incluían o Emirato de Bujara, o Khanato de Jiva e despois de 1914 Tuva.
O Imperio ruso era unha monarquía hereditaria liderada por un emperador autocrático (tsar) dende a dinastía Romanov. O cristianismo ortodoxo foi a relixión oficial do imperio e era controlado polo monarca a través do Sagrado Concilio. Os habitantes do Imperio dividíanse en estratos (clases) tales como dvoryanstvo (nobreza), o clero, comerciantes, cosacos, e campesiños. Os nativos de Siberia e a Asia central rexistráronse oficialmente como o estrato chamado inorodsty (estranxeiros).
O seu escudo de armas foi o grande escudo do Imperio Ruso, e o himno nacional, foi "Deus salve o tsar" (Боже, Царя храни)
Despois de derrocar á monarquía tsarista durante a Revolución de Febreiro en 1917, a Rusia foi declarada República baixo un goberno provisional.