Αυτοκρατορία της Τραπεζούντας (el) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Trebisonda | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua grega | ||||
Relixión | igrexas greco-ortodoxas e Igrexa ortodoxa | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1204 | ||||
Disolución | 1461 (Gregoriano) | ||||
Sucedido por | Trebizond Eyalet (en) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía | ||||
O Imperio de Trebisonda foi un Estado cristián medieval de cultura grega, xurdido da descomposición do Imperio Bizantino e fundado en 1204, pouco antes da toma de Constantinopla polos cruzados. Estaba localizado na costa suroriental do Mar Negro, coa súa capital na cidade de Trebisonda, e mantívose como estado independente ata o ano 1461, en que foi conquistado polos turcos otománs.
Os monarcas de Trebisonda levaron o título de Gran Comneno (Megas Komnenos) e de emperadores ata o fin do seu estado, en 1461. O estado denomínase tamén, en ocasións, Imperio Comneno, xa que a dinastía reinante descendía de Aleixo I Comneno.