Imposta o saínte prismático ou ringleira de perpiaños a modo de capitel rudimentario que se sobresae dun muro e sobre o que apea un arco ou unha bóveda.[1] Na arquitectura clásica, a imposta é á xamba como o capitel á columna.
Tamén se denomina imposta a faixa saínte no paramento exterior dun edificio que indica a división dos pisos. Pode recibir os nomes de imposta corrida, corón ou cincho.