In God We Trust, Inc. | |||||
---|---|---|---|---|---|
EP de Dead Kennedys | |||||
Data de edición: | decembro de 1981 | ||||
Lanzamento: | {{{lanzamento}}} | ||||
Datas de gravación: | 22 de agosto de 1981 | ||||
Estudio(s) de gravación: | |||||
Duración: | 13:54 | ||||
Xénero musical: | hardcore punk | ||||
Selo discográfico: | Alternative Tentacles | ||||
Producido por: | East Bay Ray, Norm | ||||
Cronoloxía | |||||
|
In God We Trust, Inc. é un EP da banda estadounidense de hardcore punk Dead Kennedys, publicado en decembro de 1981 a través do selo Alternative Tentacles. É o primeiro lanzamento do grupo co batería D. H. Peligro.[1] O disco é un manifesto contra cousas que van desde a relixión organizada e os neonazis, ata o pesticida Kepone e a indiferenza do goberno que empeorou os efectos das catástrofes da enfermidade de Minamata. In God We Trust, Inc. é tamén o primeiro álbum de Dead Kennedys lanzado despois das eleccións presidenciais gañadas por Ronald Reagan e presenta as primeiras referencias da banda a el, polas que eles (e o hardcore punk como xénero) se farían famosos.