O InChI ou IUPAC International Chemical Identifier (Identificador Químico Internacional da IUPAC)[1] é un identificador textual para substancias químicas, deseñado para proporcionar un modo estándar e lexible polas persoas de codificar a información molecular e facilitar a investigación desa información nas bases de datos e nas webs. Foi desenvolvido inicialmente pola IUPAC e o NIST dos Estados Unidos entre 2000 e 2005, e o formato e os algoritmos non están patentados. O continuo desenvolvemento do estándar foi sostido desde 2010 pola organización sen ánimo de lucro InChI Trust, da cal a IUPAC forma parte. A versión actual é a 1.04 e foi lanzada en setembro de 2011.
Antes da 1.04, o software estaba dispoñible gratuitamente coa licenza de código aberto LGPL,[2] pero agora usa unha licenza chamada IUPAC-InChI Trust License.[3]