In the Aeroplane Over the Sea

In the Aeroplane Over the Sea
Álbum de Neutral Milk Hotel
Publicado10 de febreiro de 1998
Gravaciónxullo - setembro de 1997
Estudio(s)Pet Sounds Studio, Denver, Colorado
Duración39:55
Xénero(s)indie rock, folk psicodélico, lo-fi
Selo(s)Merge Records, Blue Rose Records
ProdutorRobert Schneider
Cronoloxía
On Avery Island In the Aeroplane Over the Sea Ferris Wheel on Fire
Na rede
Spotify: 5COXoP5kj2DWfCDg0vxi4F Discogs: 9443 Allmusic: mw0000032195 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

In the Aeroplane Over the Sea é o segundo e derradeiro álbum da banda estadounidense de indie rock Neutral Milk Hotel, publicado o 10 de febreiro de 1998 nos Estados Unidos a través do selo Merge Records e no Reino Unido no mes de maio a través de Blue Rose Records.

O álbum é predominantemente indie rock e folk psicodélico e caracterízase por un son intencionalmente de baixa calidade. Os instrumentos tradicionais do indie rock, como a guitarra e a batería, combínanse con instrumentos menos convencionais como a serra musical e as gaitas irlandesas. As letras son surrealistas e opacas, explorando temas que van desde a nostalxia ata o amor. Unha influencia importante para o álbum foi Diario de Ana Frank.

Jeff Mangum mudouse de Athens, Xeorxia a Denver, Colorado para preparar a meirande parte do material do co produtor Robert Schneider, no seu novo estudio Pet Sounds na casa do músico Jim McIntyre.

O álbum foi o sexto vinilo máis vendido no ano 2008, dez anos despois do seu lanzamento orixinal.[1] A revista NME situouno no número 98 dos mellores álbums de todos os tempos,[2] e a publicación en liña Pitchfork Media elixíuno como cuarto mellor álbum dos anos 90.[3]

  1. Rolling Stone (ed.). "Radiohead, Neutral Milk Hotel Help Vinyl Sales Almost Double In 2008". Consultado o 22 de maio de 2017. 
  2. NME (ed.). "The 500 Greatest Albums Of All Time: 100-1". Consultado o 22 de maio de 2017. 
  3. "Top 100 Albums of the 1990s - Page 10". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-02-15. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne